O 'Encontro' nocturno enche Marín de fervor relixioso
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
A procesión do Encontro reuniu a decenas de persoas nas rúas de Marín durante o primeiro dos actos previstos para este Venres Santo.
Ás 0.00 horas unha das comitivas partía da Rúa da Estrada e realizaba un percorrido que finalizaba na praza de España, mentres que a outra iniciaba o seu camiño desde Ezequiel Massoni e avanzaba ata o mesmo punto da praza de España onde se realizaba o encontro, no que participou a alcaldesa da vila, María Ramallo. Despois os participantes desprazáronse ata o Templo Novo.
A partir das 21.30 horas da noite deste Venres Santo desenvolverase a procesión do Santo Enterro. Neste evento participarán as Confrarías do Santo Enterro e da Virxe das Dores. Está previsto que se inicie na Rúa da Estrada para circular por Concepción Arenal, Méndez Núñez, Rúa Real, Sol, Concepción Arenal e retorno á Rúa da Estrada.
Procesión do Encontro en Marín 2016
© Diego Torrado