Os bombeiros do Salnés rescatan un home indisposto nun tellado de Vilagarcía
Por Redacción
Os Bombeiros do Salnés tiveron que rescatar durante a tarde deste martes 22 a un home que subira ao tellado da súa vivenda en Vilagarcía de Arousa.
Segundo informa o servizo de Emerxencias do 112, o home traballaba na limpeza do tellado da casa cando comezou a atoparse mal. Un particular alertou ao 112 Galicia que alertou da situación aos bombeiros do parque de Ribadumia.
O home atopábase a unha altura considerable e mostrábase incapaz de poder descender polos seus propios medios. O persoal do 112 Galicia ás 13.20 horas tamén se poñía en contacto con Urxencias Médicas e coa Policía Local de Vilagarcía de Arousa.
Os bombeiros conseguiron baixar ao home sen que se rexistrasen incidencias.