Sanxenxo terá un dispositivo especial de seguridade para as noites de Semana Santa
Por Redacción
A Concellería de Seguridade de Sanxenxo, dirixida por Vanessa Rodríguez Búa, deseñou un dispositivo especial de vixilancia para as noites de Semana Santa, datas nas que a afluencia de visitantes increméntase considerablemente no municipio.
Así, a Policía Local verase reforzada cunha patrulla máis que realizará tarefas de vixilancia nocturna co obxectivo de garantir a tranquilidade e a seguridade en todo o termo municipal.
"É a primeira vez que se organiza un dispositivo destas características na Semana Santa, pero desde o goberno local consideramos que é moi necesario para evitar, sobre todo, que se dean situacións de inseguridade nunhas xornadas nas que se prevé unha ocupación hostelera importante", explica Vanessa Rodríguez Búa.
A maiores, Nauta Sanxenxo decidiu este ano ampliar a Semana Santa a medida de reforzar o porto deportivo coa presenza de seguridade privada.
"A enorme afluencia de persoas que rexistra este equipamento público na Semana Santa obriga a aumentar a vixiancia para velar polo bo uso das instalacións", explicou o vicepresidente da sociedade municipal, Jesús Sueiro.
Os responsables de Nauta Sanxenxo entenden que esta medida é necesaria para garantir a compatibilidade dun lecer de calidade coa actividade inherente ao porto.