Unha embarazada resulta ferida nun accidente entre dous coches e un camión en Alba
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller embarazada resultou ferida este venres nun accidente de tráfico con dous turismos e un camión implicados na estrada N-550 na parroquia pontevedresa de Alba, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112.
O 112 recibiu o aviso do accidente a través de Urxencias Médicas de Galicia 061 ao redor das 11.09 horas deste venres. Indicoulle que se produciu na estrada Pontevedra-Santiago en sentido a Santiago á altura do supermercado Día.
Ao lugar trasladáronse a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que prestou asistencia á muller ferida.
Ademais, segundo informou o 112, constatouse que o camión implicado no sinistro non transportaba ningún tipo de mercadoría perigosa.