O PP levará a pleno unha moción sobre "os continuos ataques de Abel Caballero a Pontevedra"
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular quere responder ao que entenden como ataques á capitalidade de Pontevedra por parte do alcalde de Vigo. Por este motivo, levarán unha moción ao próximo pleno no que buscarán o apoio da corporación municipal para manifestar o rexeitamento ante a intención de Abel Caballero de converter a Vigo na quinta provincia galega en detrimento de Pontevedra.
Jacobo Moreira considera que Pontevedra "non pode quedar calada" e debe defender a integridade de toda a provincia e a "blindaxe" da cidade como capital. Por ese motivo, ataca ao alcalde da cidade sinalando que Lores "non pode seguir gardando silencio" ante a utilización da área metropolitana para que Vigo para quitar a capitalidade a Pontevedra en lugar de tentar obter mellores servizos para Vigo e os concellos próximos.
O portavoz do PP afirma que Abel Caballero, alcalde de Vigo, xa quixo arrebar a capitalidade do partido xudicial. Ademais, asegura que Carmela Silva á fronte da Deputación tamén está a atacar a cidade.
Relacionadas:
-
Moreira ataca a Lores por non defender a capitalidade ante Abel Caballero
Por Redacción |
-
No PP de Pontevedra preocupa a intención de Ponte Caldelas de integrarse na Área Metropolitana de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
Só o PP ve "ataques" de Abel Caballero á capitalidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O vindeiro luns haberá "Pleno de Paixón"
Por Redacción |
-
O PP acusa a Lores de permitir os ataques de Caballero á capitalidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |