Os composteiros individuais buscarán acubillo en 7.800 vivendas unifamiliares
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os técnicos individuais sitúan ao redor da cifra de 7.800 o número de vivendas unifamiliares que se rexistran en Pontevedra entre as parroquias e os barrios do centro urbano, sen contar a zona histórica. O goberno local está a recoller agora información a través dos veciños para saber se están ocupadas ou se contan con algún negocio familiar para determinar os colectores que serán precisos para estas vivendas.
A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, apuntou que os composteros individuais de boa calidade para un rendemento óptimo terá un prezo para as arcas públicas de entre 75 e 100 euros. Nos últimos anos, apuntou a responsable da xestión de residuos, repartíronse ao redor de 300 composteros.
Da Silva descartou que a repartición dos novos composteros individuais se poida acometer antes do verán. Apuntou que os técnicos terán que atender as situacións singulares para atopar solucións tamén singulares. Por este motivo, afirma que haberá que comprobar o número de composteros comunitarios que serán precisos para cada unha das parroquias do rural.