Excarcerada unha muller en Vilaboa ao caer co seu coche por un barranco
Por Redacción
Unha muller foi excarcerada na mañá deste domingo polos Bombeiros do Morrazo despois de precipitarse co seu coche por un barranco do concello pontevedrés de Vilaboa.
Ás 10:30 horas, a propia condutora alertou ao CAE 112 Galicia de que se caeu por un desnivel duns 20 metros cando circulaba pola estrada N-554, á altura do quilómetro 9.
Segundo explicou, estaba atrapada no interior do coche sinistrado, aínda que non resultara ferida.
Os Bombeiros, informados polo 112 Galicia, liberaron á muller nun rescate que, segundo aseguraron, foi complicado polo lugar no que se caeu o coche.
O vehículo quedou encastrado contra unha árbore e corría o risco de caer a unha praia.
O vehículo quedou encastrado contra unha árbore e corría o risco de caer a unha praia. O 112 Galicia alertou do accidente a Urxencias Médicas, que trasladou á muller en ambulancia ata un centro sanitario de referencia.
Ademais, tamén foron informados os membros de Protección Civil de Vilaboa e a Garda Civil de Tráfico.