O bo tempo e as altas temperaturas chegan para quedar
Por Redacción
Durante esta fin de semana prevense ceos pouco nubrados e despexados. As temperaturas subirán aínda que as mínimas manteranse baixas. As Rías Baixas quedarán nunha zona marcada polo anticiclón que persiste sobre o continente europeo, polo que a situación será de ventos de compoñente sur, que deixarán temperaturas agradables e baixa probabilidade de precipitacións.
SÁBADO
Durante o sábado as Rías Baixas manteranse baixo a influencia do anticiclón polo que o tempo será seco e asollado en xeral. Os ceos permanecerán sen nubes e as temperaturas máximas subirán, aínda que as mínimas tamén sufrirán un pequeno descenso.
DOMINGO
Durante esta xornada Pontevedra seguirá baixo a influencia anticiclónica e manteranse os ceos despexados. As temperaturas subirán lixeiramente e os ventos soprarán do nordeste, moderados con intervalos frouxos na costa.
LUNS
No comezo de semana espéranse ceos pouco nubrados ou despexados, entrando algunhas nubes altas pola noite. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios mentres que as máximas baixarán. Estímanse mínimas de 7 graos e máximas de 18 graos.
MARTES
A xornada do martes estará marcada polos ceos despexados e sen nubes, temperaturas que permanecerán sen cambios e ventos suaves.