Como organizamos as festas en Sanxenxo?
Por Redacción
Ao redor dunha vintena de persoas, a maioría representantes de colectivos do municipio, acudiron na noite do mércores á reunión convocada no Pazo Emilia Pardo Bazán polo edil de Cultura, Roberto Carlos Agís, para analizar novos modelos de organización das festas de verán en Sanxenxo.
Roberto Carlos Agís apostou, de fronte ao verán de 2017, por un modelo máis participativo no que sexa unha comisión de festas organizada con tempo a que se encargue de xestionar non só a programación festiva que se desenvolva con motivo da celebración festiva patronal, senón outras actividades que se poidan realizar durante o verán no centro urbano de Sanxenxo.
No transcurso do encontro Roberto Carlos Agís insistiu na idea de que sexan os veciños quen adquira un papel protagonista na organización dos festexos, en todas as parroquias do municipio, sempre contando coa colaboración do Concello, pero evitando que a administración pública teña que asumir a totalidade do custo.
Neste sentido o concelleiro de Cultura ofreceu na reunión datos económicos relativos ás festas de Sanxenxo. Así, explicou que no ano 2008 o Concello destinou ao redor de 292.416 euros ás festas de verán. A cantidade foise reducindo considerablemente ata chegar en 2015 a un orzamento para os mesmos festexos de 105.334 euros, logrando uns ingresos, a través da taxa de ocupación que se cobrou aos chiringuitos e as axudas da Deputación, de 38.050 euros.
“Con esta nueva forma de organizar las fiestas busco un mayor equilibrio presupuestario", sinalou o concelleiro
“Con esta nueva forma de organizar las fiestas busco un mayor equilibrio presupuestario. Si bien es cierto que es difícil que las actividades culturales o festivas se autofinancien, considero que no es exagerado buscar que los establecimientos hosteleros y comerciales, y los propios vecinos de Sanxenxo, colaboren económicamente para financiar unas fiestas y unas actividades que luego redundan en beneficio de todos. Así es como se hace en la mayoría de las parroquias”. Roberto Carlos Agís non pretende instaurar este novo modelo de traballo este verán, consciente de que o tempo é escaso e Sanxenxo necesita unha programación na que é necesario traballar con calma.
Nesta primeira reunión, que Roberto Carlos Agís expón como unha toma de contacto, foron varias as persoas que se mostraron contrarias a esta nova fórmula mentres que outras expresaron a súa intención de colaborar cunha comisión organizadora das festas, polo que o concelleiro de Cultura ten previsto continuar traballando nesta liña e convocar novas reunións de traballo.
Roberto Carlos Agís fai por tanto un chamamento a todas as persoas interesadas en formar parte dunha comisión organizadora das festas para que se poñan en contacto con este departamento municipal (986 727072 ou a través do mail culturaterra@sanxenxo.org) para recibir unha información máis detallada a este respecto.