Aínda non saben en que, pero a Deputación e AJE Pontevedra colaborarán
Por Redacción
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE Pontevedra), Lucía Pedroso, mantiveron este xoves unha reunión para analizar as posibles liñas de colaboración entre ambas institucións.
Carmela Silva agradeceu que AJE Pontevedra queira colaborar coa Deputación en todos aqueles proxectos para emprendedores e coincidiu con Lucía Pedroso en que ambas institucións deben estar abertas á sociedade e ser colaborativas.
Pola súa banda, a presidenta de AJE Pontevedra, Lucía Pedroso, ofreceu á Deputación de Pontevedra toda a súa colaboración para o fomento da vocación empresarial na provincia.
Carmela Silva comprometeuse a estudar a participación da Deputación nos proxectos que plantexaron os empresarios incluídos os premios aos empresarios novos.