O PP considera "inaceptable" que un concelleiro "friki" decida suspender a Festa da Raia
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Telmo Martín, considera "inaceptable" que o goberno cuadripartito de Sanxenxo decidise suspender a celebración da Festa da Raia.
A decisión comunicada polo concelleiro de Sanxenxo Pode e responsable de Cultura, Roberto Carlos Agís, xustificouse na falta de participación activa dos comerciantes e dos veciños.
Telmo Martín dixo que cando coñeceu a noticia "me costó creerlo" e asegurou que non sabía se estaba a oír ao concelleiro de Cultura ou a un "friki".
E asegurou que se el fose o alcalde "este concejal me dura cinco minutos en el cargo".
O portavoz popular lembrou que "cuando los hoteleros y comerciantes llenan sus negocios eso es bueno para todos" rexeitando que o diñeiro destinado á festa gastronómica "de más de 20 años" sexa unha perda.
Para o PP a suspensión da Festa dá Raia é unha "prueba de que Sanxenxo no tiene gobierno" e lembrou que no goberno local hai "nueve concelleiros que están cobrando un sueldo" polo que non admite que "culpen" ás asociacións de non querer organizar a festa.
Máis aló do suposto desisterés de comerciantes e hostaleiros, Telmo Martín achaca a medida ao "enfrentamiento entre los dos bandos del bipartito" algo que é "vox populi", segundo dixo Telmo Martín.
Telmo lembrou que fan falta ter "ideas claras" xa que "no solo es cuestión de dinero". O problema para o PP é que "el cuatripartito trabaja poco".
"La suspención es un fracaso más del cuatripartito y un desprecio a los vecinos de Portonovo" conluyó Telmo Martín antes de anunciar que "cuando el PP vuelva a gobernar recuperaremos la fiesta de la Raia".
AGÍS CONVOCA A TODOS Os COLECTIVOS DE PORTONOVO
O concelleiro de Cultura, Roberto Carlos Agís, convocou a todos os colectivos de Portonovo a unha reunión aberta, á que poderán acudir tamén todos os veciños que o desexen para abordar a situación da Festa da Raia.
O encontro será o xoves día 10, ás 20.30 horas no Usos Múltiples e no transcurso da cal, o edil de Cultura volverá reiterar a formulación organizativa respecto da festa que xa fixo nas primeiras reunións mantidas desde o pasado mes de novembro.
Roberto Carlos Agís deixará aberta a posibilidade de organizar o festexo este ano a condición de que algún colectivo de Portonovo se encargue da organización e o orzamento que destine o Concello a este evento véxase substancialmente reducido.
MÉRCORES SANXENXO
Un día antes, o mércores día 9, a Concellería de Cultura recorrerá ao mesmo método para convocar aos colectivos de Padriñán co obxectivo de constituír unha comisión de festas que se encargue da organización das festas de verán na vila de Sanxenxo.
O encontro será o día 9 ás 20.30 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán e Roberto Carlos Agís convida a todos os veciños de Sanxenxo a acudir.
Relacionadas:
-
Podemos Sanxenxo súmase ás críticas pola suspensión da Festa da Raia
Por Redacción |
-
Can de San Roque quere organizar a Festa da Raia en setembro na lonxa de Portonovo
Por Redacción |
-
Un colectivo de Portonovo presentará un proxecto para organizar a Festa da Raia
Por Redacción |
-
O goberno local analiza cos colectivos de Portonovo o futuro da Festa da Raia
Por Redacción |