Tres persoas feridas ao impactar un camión contra un turismo en Sanxenxo
Por Redacción
Tres persoas resultaban feridas no mediodía deste luns 29 tras producirse unha colisión por alcance entre un camión e un turismo, segundo o servizo de Emerxencias do 112 Galicia. O impacto producíase en Portonovo, á altura da parroquia de Adina, no termo municipal de Sanxenxo.
Segundo o 112 Galicia ata o lugar trasladáronse os servizos sanitarios que foron os que alertaron a Emerxencias e tamén interviñeron axentes da Policía Local e dos efectivos do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
Os Bombeiros do Salnés foron informados, pero non foi necesaria a súa intervención ao tratarse dun accidente por alcance sen que ningún dos ocupantes quedara atrapado dentro dos vehículos.