Photocall e gymkana, entre outras actividades, para reivindicar a igualdade de xénero
Desde hai máis de 40 anos, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Nesta loita por reivindicar os dereitos das mulleres no mundo laboral, a Plataforma Feminista Galega (PFG) de Pontevedra prepara unha serie de actividades para concienciar á cidadanía e convidarlles a participar na manifestación que o 6 de marzo se levará a cabo en Santiago de Compostela, baixo o lema 'Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita'.
Os pontevedreses e pontevedresas que pasen pola praza da Peregrina a partir das 12.00 horas este domingo 28 poderán participar nas diversas actividades que teñen programas: mesas redondas, gymkana, baile e photocall.
Representantes da PFG presentaron o esquema do acto durante a mañá do venres 26 en Sargadelos e declararon que o evento dependerá moito da choiva e o mal tempo, xa que todas estas actividades transcorrerán ao aire libre.
As relatoras das mesas redondas serán as cidadás de a pé, segundo explicou Vicky Estévez, portavoz da PFG, na presentación. É dicir, todas aquelas mulleres que queiran participar falando sobre algún dos temas propostos pola plataforma como, por exemplo, os beneficios de eliminar a brecha salarial ou como afecta a maternidade na vida da muller, entre outros.
Para concienciar aos homes sobre as problemáticas das mulleres dentro do mundo laboral, eles poderán participar na gymkana, que comezará ás 13.00 horas e na que se poñerán na pel delas.
Finalmente, a praza da Peregrina encherase de música coas cancións 'Un billóns de pé bailando' e 'Rompendo as cadeas', para as que teñen preparadas unha coreografía. Así, a PFG súmase á campaña de 2013 para loitar pola violencia contra a muller, convocada pola organización internacional V-Day.
Desde o inicio dos actos e ata a clausura, os menos activos poderán pousar nun photocall con algún dos carteis preparados para a ocasión, con diferentes lemas que expoñen diversas realidades das mulleres. As fotografías colgaranse posteriormente nas redes sociais da plataforma.
Relacionadas:
-
As conquistas feministas, protagonistas dos actos do 8 de marzo
-
"Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Concentración polos tres últimos crimes machistas
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Concentración contra o asasinato machista da viguesa María José Rodrigues
Por Redacción | Creada e actualizada