As confrarías prepáranse para a Semana Santa
Por Redacción
Unha misa da Xunta Coordinadora e o pregón da Semana Santa abrirán os actos previstos para a celebración dos eventos católicos previstos para a penúltima semana de marzo.
Os responsables da Xunta Coordinadora da Semana Santa traballa na preparación dos actos que se desenvolverán na cidade e o primeiro será o vindeiro sábado 5 de marzo á 20.00 hora na Basílica de Santa María. Esta celebración relixiosa realizarase en memoria de todos os integrantes falecidos da Xunta e das Confrarías participantes na Semana Santa.
O luns 7 de marzo ás 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá o pregón da Semana Santa 2016. A lectura correrá a cargo do bispo auxiliar da Diócese de Santiago de Compostela, Jesús Fernández González.
Ademais, a organización está a preparar unha exposición cunha selección de carteis de diferentes Semanas Santas de toda España.
As diferentes confrarías da cidade están a ensaiar dende hai varios meses para preparar os pasos deste evento relixioso que resulta un atractivo turístico para a cidade.