Menos chuches e máis froita fresca para os estudantes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Desde este curso, o IES A Xunqueira II desenvolve o programa Froita fresca en colaboración coa consellería de Medio Rural e do Mar a través do fondo galego de garantía agraria.
Trátase dunha campaña de conciención para xerar hábitos saudables de consumo de froita de forma habitual, regalando ao alumnado froita de produción nacional e de tempada nos períodos de lecer.
Este programa financia catro semanas durante o curso, con todo dada a gran acollida do proxecto, o centro ten decidido aumentar o tempo de suministración.
Os días escollidos durante o mes de marzo serán do 7 ao 11; do 11 ao 15 e do 25 ao 29 de abril e do 9 ao 13 de maio.