![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/174/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/56cc98e3f2-230216cores-touris-campo-lameiro.jpg)
© Xunta de Galicia
Campo Lameiro solicitou unha axuda para a construción dun centro de reciclaxe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O concello de Campo Lameiro ven de solicitar axudas para varios proxectos de mellora do polígono da Facha.
En concreto, a solicitude municipal dirixiuse á nova liña de axudas da Consellería de Economía e Industria que ten coma obxectivo a execución de melloras nos viais que existen dentro do parque empresarial da Facha así como a construción dun centro de reciclaxe por un montante total de 126.000 euros.
En relación á primeira iniciativa, terá un custo global de 60.000 euros e suporá a adecuación dos viais interiores deste polígono co obxectivo de mellorar a imaxe e a seguridade dentro do mesmo, de cara a atraer a novas empresas para a súa implantación.
En canto ao segundo proxecto, terá como obxectivo a creación dun centro de reciclaxe neste parque empresarial de cara a mellorar a xestión de residuos, tanto dos veciños do termo municipal como os xerados polas empresas asentadas na Facha.