Arranxan o firme da estrada A Torre-Igrexario
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O concelleiro de Obras e Servizos de Bueu, Fidel Castro, visitou na este martes a estrada que une A Torre co Igrexario (Cela), onde unha brigada de operarios da Deputación de Pontevedra traballaban á altura da Pousada, para restablecer o firme nese punto, que será cuberto provisionalmente de xabre e que, unha vez se arranxen os demais puntos complicados da estrada, se asentará con pedra e aglomerado.
As obras, feitas totalmente con persoal e medios da Deputación, pretenden solucionar o delicado estado no que se atopa este vial provincial, cunha tubaxe con perdas que foi minando o asentamento da calzada, e que creou tamén moitas fendas na superficie polas que se filtra a chuvia.
A brigada de obras está levantando diversos tramos para facer un saneo da vía e logo repoñer o rasante, evitando así as filtracións que fan que o firme se deteriore.