Atopan morto na súa casa de Inglaterra ao veciño de Bueu que estaba desaparecido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía británica atopou morto na súa casa de Southport ao veciño de Bueu, Ricardo Aurelio Villanueva Gil.
Representantes da granxa na que traballaba acompañaron aos axentes para acceder ao seu domicilio nunha localidade próxima a Liverpool.
A comunicación desta triste noticia chegou pola súa propia familia a través da páxina que abriron en Facebook "Desaparecido-Missing Ricardo Villanueva Gil".
A familia deste home denunciara a súa desaparición hai unha semana, aínda que non tiñan noticias del desde o pasado 6 de febreiro.