As policías española e británica buscan un veciño de Bueu desaparecido
Por Oskar Viéitez
As policías de España e de Reino Unido buscan ao veciño de Bueu Ricardo Aurelio Villanueva Gil, de 46 anos, que permanece desaparecido desde o pasado día 6 de febreiro cando tiña que regresar desde o seu lugar de traballo en Inglaterra á súa casa natal en Beluso.
Ricardo Aurelio Villanueva traballa nunha granxa na localidade costeira de Southport (Merseyside) e viaxaba a Beluso polo falecemento da súa nai.
A súa familia presentou unha denuncia ante a Policía Nacional de Marín.
Segundo os datos difundidos pola asociación SOS Desaparecidos, este home mide entre 1,75 e 1,80 metros de estatura. A súa última comunicación foi día 6 de febreiro desde algún punto de Inglaterra, na que dixo que ía sacar o billete para Galicia entre o día 9 e 11.