O goberno local do Grove quere regular as axudas por nacemento atendendo á renda
Por Redacción
O goberno local do Grove quere realizar unha revisión das axudas por nacemento de fillos para a súa aprobación no pleno deste mes. Trátase de corrixir estas axudas que, ata agora, outorgábanse a todos os nacementos que tiveran lugar no concello, con independencia da situación económica da familia, establecendo unha contía única de 100 euros polo primeiro fillo, 150 polo segundo e 200 polo terceiro e seguintes.
A proposta do goberno local, que foi presentada xa aos membros da oposición, pasa por ampliar a contía das axudas pasando a 200 euros polo primeiro fillo, 250 polo segundo e 300 polo terceiro, pero establecer un baremo vinculado á renda para outorgalas.
Preténdese que a axuda sexa realmente eficaz cubrindo necesidades reais de familias que poidan precisalo.
Estas axudas complementan as da Xunta, nas que tamén se establecen baremos atendendo á renda.