Unha persoa foi trasladada por inhalación de fume ao incendiarse un coche en Vilaboa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha persoa con síntomas de inhalación de fume a causa do incendio dun coche.
O afectado foi evacuado en ambulancia ao Hospital Montecelo de Pontevedra.
Tratouse dun vehículo que, por causas que se descoñecen, resultou calcinado.
Pese a atoparse no interior dun garaxe sito na parte baixa dunha vivenda, o edificio non se viu danado.
O suceso aconteceu no lugar de Saxosa, na parroquia de Santa Comba de Bértola, no termo municipal de Vilaboa. Tras recibir a alerta dun particular, o persoal do CAE 112 Galicia púxoo en coñecemento dos Bombeiros do Morrazo, Urxencias Médicas, Protección Civil de Moaña e Vilaboa e Garda Civil. Eran as 15:00 horas deste domingo.