O PP propón celebrar anualmente unha gala para premiar os deportistas locais
Por Redacción
Crear unha Gala Municipal do Deporte para "recoñecer e estimular" aos deportistas vinculados con Pontevedra. É a proposta que fai o Partido Popular nunha moción que presentarán no próximo Pleno da corporación.
Esta iniciativa, que defenderá o concelleiro Tomás Abeigón, busca que a través do Instituto Municipal de Deportes (IMD) se redacten as bases reguladoras para a concesión destes premios e se impulse a celebración desta gala que tería unha periodicidade anual.
"Os nosos deportistas son todo un orgullo para Pontevedra e debemos ofrecerlles a estes campións o recoñecemento que merecen", manifestou Tomás Abeigón.
Os populares recordan que Pontevedra alberga a numerosos deportistas de alto nivel e todos eles, sinalan nun comunicado, cos seus éxitos e medallas conquistadas "exercen de embaixadores de Pontevedra alá a onde van".
Relacionadas:
-
O IMD inicia o proceso para renovar aos representantes dos clubs da cidade
Por Redacción |
-
A Xunta Reitora extraordinaria do IMD, pendente desde outubro, convocarase a próxima semana
Por Redacción |
-
O IMD traballa en darlle continuidade ao Circuíto de Carreiras Populares coa súa cuarta edición
Por Diego Espiño |
-
O IMD aproba subir as subvencións aos clubs que organizan escolas deportivas
Por Redacción |