Os veciños preparan as súas achegas ao regulamento de participación cidadá elaborado pola oposición
Por Oskar Viéitez
Os partidos que conforman a oposición no Concello de Pontevedra entregaron ás tres federacións veciñais, Castelao, Boa Vila e Teucro, o borrador do Regulamento de Participación Cidadá para que sexan partícipes e colaboren con este proceso.
Tanto o portavoz do Partido Popular, o do Partido Socialista e o de Marea como a de Ciudadanos, lamentaron a ausencia do BNG.
"Nos gustaría reiterar la invitación al Bloque para que se sume a esta iniciativa", declarou a concelleira de Ciudadanos, María Rey, que aspira a que alcanzar "un documento de consenso entre todas las fuerzas vivas de la ciudad".
Pola súa banda, o edil de Marea, Luís Rei, precisou que esta proposta conxunta de toda a oposición "non é o inicio dunha bonita amizade" senón un acordo basee para debater con outros colectivos do municipio coa intención de que o regulamento poida entrar en funcionamento este ano e "poida seguir sendo útil durante a próxima década".
O portavoz do Partido Popular, Jacobo Moreira, fixo especial énfase no consenso alcanzado por todos os grupos municipais "menos uno" e destacou que "a pesar de las discrepancias políticas que tenemos nos une el interés por los vecinos", e igualmente animou ao goberno local a subirse "al carro del consenso".
Finalmente, o portavoz do Partido Socialista, Agustín Fernández, sinalou que "o ausente" é un dos protagonistas da reunión deste mércores o que lle provoca "pena" porque "debería estar aquí impulsando isto", dixo. Tino Fernández celebrou o consenso na elaboración dun Regulamento de Participación Cidadá que é "unha carencia no municipio de Pontevedra desde o ano 99".
Por parte das federacións de veciños falou o presidente de Castelao, Juan Loureiro, que recolleu "el guante" lanzado pola oposición e anunciou que inmediatamente activarán as súas fórmulas de traballo interno coas distintas asociacións para facer as súas achegas, adiantando que "case seguro que coincidimos na súa totalidade" co borrador do documento achegado.
Relacionadas:
-
Convocan as federacións veciñais a unha xuntanza no Concello sobre participación cidadá
Por Alejandro Espiño |
-
O borrador do regulamento de participación cidadá da oposición, listo a próxima semana
Por Alejandro Espiño |
-
As tres federacións veciñais esixen poder intervir na elaboración do Regulamento de Participación Cidadá
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |