Incendio espectacular nos soportais da Ferrería
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño & Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os Bombeiros deron por controlado o espectacular incendio que se orixinou nun edificio da rúa Michelena e se propagou polo que alberga o comercio de roupa A Moda Ideal, situado nos soportais da Ferrería.
Dúas horas e media despois de iniciarse o lume, os bombeiros lograron apagar as lapas por completo e, contra as 22.50 horas, centráronse xa nas tarefas para enfríar a zona e evitar que se reaviven as chamas.
O incendio comezou ao redor das 20:30 horas deste luns 1 de febreiro no piso superior do edificio de Michelena, orixinando moito fume.
Os Bombeiros trasladáronse de inmediato ata a zona para tentar sufocar o lume, que se foi estendendo ao edificio lindeiro a través dunha galería de madeira.
En total, dos edificios situados a ambos lados do inmoble que quedou calcinado, os Bombeiros e a Policía Local tiveron que desaloxar nove persoas. Ningunha delas resultou ferida no incendio.
A Policía Local desaloxou tamén a praza da Ferrería onde se atopaban numerosos viandantes que tentaban gravar o incendio cos seus teléfonos móbiles. Tamén se cortou a rúa Michelena e os accesos a todo este ámbito.
As chamas provocaron numerosas explosións, ao estoupar cristais das ventás e as tellas da cuberta do edificio. A máis chamativa produciuse ao explotar o cadro eléctrico do inmoble.
Polo momento, descoñécense as causas do incendio.
Relacionadas:
-
La Moda Ideal rexorde en Manuel Quiroga conservando o aspecto do local que ardeu na Ferrería
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Oito bombeiros para atallar o incendio urbano máis virulento dos últimos anos?
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- "Me han destrozado la vida por tardar tanto"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O Concello temeu que se repetira en Pontevedra o pavoroso incendio de Lisboa en 1988
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pide "explicaciones" ao Concello polo incendio e o PSdeG-PSOE reclama "prudencia"
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Así foi o incendio da Ferrería
Por Mónica Patxot |
-
Os bombeiros mantivéronse alerta ata as 4 da madrugada enfriando os rescoldos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Maite Ramírez Baltuille: "Empezarei noutro lado. A Moda Ideal vai seguir"
Por Marisa Ciordia |
-
Desaloxan nove veciños polo incendio da Ferrería
Por Oskar Viéitez |