Os pasos de peóns de Beiramar estrearán iluminación
Por Redacción
Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria en Beiramar, o Concello de Pontevedra instalará nos próximos días unha nova iluminación en todos os pasos de peóns da rúa.
Hai poucos meses, o goberno local ordenou retirar a maior parte dos semáforos de peóns de Beiramar, ao considerar que a instalación de pasos sobreelevados xa era medida suficiente para que os peóns puidesen atravesar a rúa con seguridade.
Este proxecto complétase agora coa instalación de 17 novas luminarias en cada paso de peón para eliminar riscos ao atravesar polas noites ou en condicións meteorolóxicas adversas que fan que os condutores non teñan boa visibilidade da vía.
Instalaranse 17 novas luminarias entre a Ponte dos Tirantes e as Corbaceiras, en cada paso de peón existente na vía.
O orzamento adxudicado á empresa Setga é de 47.699,47 euros.