Os veciños de Seixo sufrirán un corte de auga este sábado
Por Redacción
O Concello de Marín informou que este sábado cortarase a subministración de auga á parroquia de Seixo e zonas próximas.
O corte débese aos traballos para a conexión do servizo en alta nas obras desenvolvidas por Acuaes.
Os veciños de Seixo quedarán sen subministración de auga entre as oito da mañá e as dúas da tarde.
Acuaes confía en repoñer o servizo canto antes.