Anunciará Louzán hoxe a súa retirada?
Por Oskar Viéitez
O PP de Pontevedra celebrará este venres a súa xunta directiva á que asistirá o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e na que está previsto que se convoque o congreso provincial.
Despois da despedida de Carlos Negreira do PP da Coruña, espérase o mesmo xesto por parte de Rafael Louzán cedendo o liderado provincial do PP pontevedrés.
O actual presidente do Partido Popular en Pontevedra presentou o pasado mes de setembro a súa dimisión como deputado provincial na Deputación, institución que presidiu ata as pasadas eleccións municipais, cando PSOE e BNG chegaron a un acordo para un pacto de goberno.
Aínda que o líder dos populares pontevedreses segue realizando labores de asesoramento do grupo provincial do PP, Rafael Louzán está centrado no seu labor como presidente da Federación Galega de Fútbol. A súa última proposta á fronte deste cargo foi a firma dun convenio coa Universidade de Vigo para que esta realice un estudo sobre a implantación dunha quiniela do fútbol galego.
Reelixido en marzo de 2013 por quinta vez como presidente provincial, Louzán foi encadeando desde entón malos resultados electorais nos comicios municipais e xerais. De forma paralela foi sumando imputacións xudiciais.
Relacionadas:
-
Louzán non optará á reelección como presidente do PP de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Cambio histórico na Deputación: Carmela Silva, presidenta
Por Redacción |
-
O PSOE di que a candidatura de Louzán ao Senado só busca o aforamento para non ter que comparecer ante a Xustiza
Por Redacción |
-
A xuíza da Operación Patos imputa a Louzán
Por Redacción |
-
Carmela Silva levará á Fiscalía a xestión de Louzán
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |