Fenosa cortará a luz con motivo dos traballos de reparación da subestación de Vilalonga
Por Oskar Viéitez
Unión Fenosa Distribución está a levar a cabo os traballos de reparación da subestación de Vilalonga.
Para iso, a compañía necesita suspender o servizo o vindeiro venres, 29 de enero desde as 05:00 horas ás 07:00 horas aos clientes da parroquia de Vilalonga nos lugares de Costiña, Roxique, Arnosa, Fianteira, Salgueira, Xuncabranca e Vilar.
Os responsables da compañía distribuidora trasladan as súas desculpas aos usuarios polas molestias causadas.
O día de Aninovo numerosos veciños dos municipios de Sanxenxo e O Grove, un total de 19.200 clientes, sufriron un importante corte de subministración eléctrica como consecuencia dunha avaría nunha subestación da rede eléctrica situada en Vilalonga.
Esta empresa afirma que investirá máis de 1,4 millóns de euros en próximas actuacións de mellora.
Relacionadas:
-
Novo pasos para o traslado da subestación eléctrica de Vilalonga
Por Redacción |
-
Gas Natural Fenosa culpa o temporal do corte de luz sufrido o sábado en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Fenosa e a Xunta buscarán solucións para evitar cortes de luz no Salnés
Por Redacción |
-
Os veciños de Sanxenxo, O Grove e Meaño recuperan a electricidade tras un inicio de ano a escuras
Por Redacción |