Marín e Vilaboa queren ser "tradicionais"
Por Oskar Viéitez
Aínda que a nova Lei de Costas non resolve o problema dos núcleos costeiros de Marín e Vilaboa, abre unha posible vía de solución: ser considerado "tradicional".
Agora mesmo ningún dos barrios costeros destes municipios intégranse nos considerados nucleos tradicionais polo proxecto de lei.
Marín parte con vantaxe tras aprobar recentemente un Plan Xeral de Ordenación Municipal, no que os núcleos afectados polo dominio de Costas gozan da cualificación de rurales.
O novo PXOM xa reduciu a afección de costas de 100 a 20 metros en Mogor e nunha parte de Aguete e de Loira. Queda por resolver un tramo costeiro destas últimas parroquias, ademais dos núcleos de Casás e A Teoira.
Pola súa banda Vilaboa apura a desafección dos seus núcleos, uns 14 quilómetros de costa afectados pola norma, Santradán, Pousada, Pazos, Riomaior, O Muiño, Barciela e Paredes.