![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5102a5484b8ad-_p2a9518.jpg)
CC BY-NC-SA Deputación de Pontevedra
Dez mil universitarios para 269 prazas de prácticas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un de cada dous menores de 25 anos galegos están no paro. O desemprego medrou neste sector da poboación case un 123% desde o estoupido da crise, motivando que preto de 70 mozos deixen Galicia cada día en busca de oportunidades laborais fora da terra. Tendo e conta estas estatísticas, resulta fácil de enteder por que nos últimos días se xeraron longas colas ás portas da Deputación de Pontevedra. A institución oferta 269 prazas para traballos en prácticas e optan a elas máis de 10.000 mozos, todos eles titulados universitarios
O requisito da convocatoria do Plan Práctica 2013 da Deputación de Pontevedra é que os mozos teñan título universitario e carezan de experiencia laboral previa. Que presentaraon as súas solicitudes máis de 10.000 é unha sinal máis de que o remate da etapa formativa é un momento duro para os mozos na actualidade, non acadan o seu primeiro emprego.
Os candidatos aspiran a obter unha bolsa de 800 euros mensuais perante seis meses para traballar en centros e servizos da propia Deputación e nos concellos da provincia. O prazo de admisión de solicitudes remata este venres 25 de xaneiro ás 19.00 horas e ata este xoves xa se inscribiran 9.991 mozos.
A convocatoria do plan de primeira inserción laboral da Deputación é para 74 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios en centros e servizos da Deputación e de 195 bolsas nos concellos da provincia.