Un home resulta ferido no Grove ao envorcar o tractor que conducía
Por Redacción
Un home sufría diversas feridas ao sufrir un accidente cando circulaba nun tractor pola estrada do vertedoiro de Feáns no municipio do Grove.
Varios particulares alertaron ao servizo de Emerxencias de Galicia alrededore das 16.30 horas sinalando que tiveran que axudar ao home para saír de debaixo do vehículo xa que tras envorcar o tractor o home quedara atrapado.
Segundo información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia ata o lugar trasladáronse ademais dunha unidade medicalizada do 061, efectivos de Protección Civil do Grove, a Garda Civil de Tráfico, axentes da Policía Local do Grove e o grupo de Emerxencias de Sanxenxo.