Non é lóxico pagar como urbano un terreo que é monte
Por Redacción
Os veciños de Fragamoreira esperan que o Catastro acepte a petición presentada polo Concello de Poio para que rebaixe o IBI dos terreos destinados ao polígono empresarial. Actualmente os afectados están a pagar como chan urbano un terreo que está sen desenvolver.
O concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, explicou que os terreos teñen categoría de urbanos desde que foi aprobado o Plan Parcial do Polígono.
A solicitude foi feita o pasado mes de setembro e o Catastro dispón de prazo ata marzo para dar unha resposta.
A pesar de que este proxecto de parque empresarial está en vía morta, o goberno local de Poio non arroxa a toalla e segue demandando á Xunta o seu desenvolvemento, e insisten en que segue habendo un interese por parte de moitos empresarios por radicar os seus negocios nestes terreos.