Sen problemas de tráfico malia o peche dun carril da Ponte dos Xulgados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ás 10:20 desta mañá quedaba pechado ao tráfico un dos carrís da ponte dos Xulgados da Parda. O peche permanecerá ata o 4 de febreiro porque a empresa adxudicataria das obras debe resolver algúns problemas detectados coa canalización de augas pluviais na ponte antes de que o Concello recepcione esta obra civil.
O carril de tráfico que se pechou é o que vai en dirección á rúa Doce de novembro cara Pintor Laxeiro, debido a que hai que abrir parte da calzada para resolver os deterioros atopados.
A Policía local recomenda a entrada ao barrio da Parda a través de Joaquín Costa e A Estrada, e de Loureiro Crespo.
Durante a mañá de hoxe, o guindastre tivo que retirar algúns dos vehículos que, malia as advertencias, foron aparcados nun dos laterais da ponte. O tráfico non rexistrou problemas xa que os condutores están a empregar as alternativas propostas pola Policía local.