A Pontevedra tamén 'ha de vir o Apalpador'
Por Redacción
Fiel ao seu compromiso de potenciar os costumes de as festas tradicionais de Galicia, a asociación de veciños Eduardo Pondal -tras as súas actividades de San Xoán e o magosto- recuperará este martes 29 de decembro unha figura do Nadal galego.
Trátase do Apalpador, o carboeiro que nestas datas baixa dos nosos montes para apalpar as barrigas dos nenos e darlles castañas.
A chegada do Apalpador a Pontevedra será ás cinco da tarde. A esa hora dará unha volta por todo o barrio acompañado dos gaiteiros da asociación. Contra as seis e media ou sete ten previsto chegar ao centro social do Gorgullón e, posteriormente, proxectarase o documental E há de vir o apalpador realizado pola asociación Gentalha do Pichel.
Ás sete e media, a asociación de veciños organizará un photocall para que todos os nenos poidan ter un recordo fotográfico da visita deste personaxe.
A xornada concluirá cuns pinchos de Nadal para os que se acheguen a darlle a benvida a este peculiar invitado.