Un mozo de 19 anos ferido leve ao chocar cunha casa en Cambados
Por Redacción
Un mozo de 19 anos tivo que ser trasladado ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra con cortes e dor nunha man despois de perder o control do vehículo que conducía, por causas que se descoñecen, e bater cunha casa en Cambados.
O suceso, segundo informan o 112 e Protección Civil de Cambados, tivo lugar minutos despois das 11:00 horas na estrada que une Sisán e Ribadumia á altura do Hotel San Marcos.
O condutor saíu do vehículo polo seu propio pé e aínda que nun primeiro momento non quixo recibir asistencia médica, rematou sendo trasladado polos efectivos sanitarios.