Corte ao tráfico da ponte dos Xulgados
Por Redacción
A ponte dos Xulgados quedará parcialmente pechada ao tráfico dende o xoves, 24 de xaneiro até o día 4 de febreiro.
A empresa adxudicataria das obras do AVE, ao seu paso pola cidade, "debe resolver algúns problemas detectados coa canalización de augas pluviais na ponte antes de que o Concello recepcione esta obra civil", informan fuentes municipales.
Estes arrranxos obrigarán a pechar un carril de tráfico na ponte, en dirección Doce de Novembro cara Pintor Laxeiro, xa que hai que abrir parte da calzada para resolver este problema.
A Policía recomenda a entrada ao barrio da Parda a través de Joaquín Costa e A Estrada, e Loureiro Crespo, mentres dure este peche da ponte.