A falta de recursos non impedirá aos universitarios pontevedreses gozar dunha bolsa Erasmus
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este xoves un convenio coa Universidade de Vigo mediante o cal achega 150.000 euros para impulsar o programa Erasmus+ favorecendo a mobilidade do alumnado, dos campus de Pontevedra e Vigo.
A presidenta provincial, Carmela Silva, insistiu no compromiso do seu goberno coa promoción e o fomento do emprego, o apoio aos emprendedores, o desenvolvemento económico da provincia.
Carmela Silva destacou que nos últimos anos o número de estudantes da Universidade de Vigo que gozaron dunha bolsa Erasmus descendeu debido, "principalmente", á diminución por parte do Ministerio de Educación do importe da bolsa, financiando só un máximo de cinco meses aínda que se trata de estadías anuais.
"Non podemos permitir que a falta de recursos económicos das familias impidan ás universitarias e universitarios acceder a esta formación noutras universidades, algo fundamental para o seu futuro", declarou a presidenta.
O convenio permitirá que que se poidan levar a cabo 150 bolsas de mil euros cada unha para o alumnado universitario, con menos recursos económicos, que sexa seleccionado nas convocatorias de Erasmus+ estudos, para a realización de estudos en diferentes universidades europeas, e Erasmus+ prácticas formativas en empresas e institucións doutros países europeos durante os cursos 15/16 e 16/17.
Relacionadas:
-
A Italia e Reino Unido de "prácticas" co programa Erasmus+ da Deputación
Por Redacción |
-
A Universidade de Vigo e a Deputación asinan o primeiro protocolo de colaboración institucional
Por Oskar Viéitez |
-
Estudantes pontevedreses regresan do extranxeiro ao rematar as prácticas Erasmus+
Por Redacción |