Arranxan os bancos da barriada de San Pedro
Por Redacción
Atendendo ás peticións dos veciños de San Pedro, acometéronse melloras no contorno da Barriada, tratando de unificar e repoñer os bancos existentes que se atopaban en mal estado, así como de engadir máis unidades, tendo en conta que é unha zona co parque infantil e a zona deportiva onde concurren moitos nenos.
Aos poucos dende a concellaría se van atendendo as peticións que foron expostas coa mellora na zona de asadores, de algunas zonas de alumeado público, a limpeza, poda e tala de árbores e a colocación de bancos.
O goberno local asegura que a liña de actuación será a de seguir facendo melloras en consonancia cos veciños, con peticións que fixeron como elementos biosaudables, tratando de mellorar tanto os accesos como a mellora dos asfaltos.