Os furanchos pontevedreses poderán iniciar a súa actividade en xaneiro
Por Redacción
O Concello de Pontevedra modificará, a petición do propio sector, a ordenanza que regula a actividade dos tradicionais furanchos en todo o municipio.
Segundo avanzou este luns o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, unha representación de furancheiros mantivo un encontro hai uns días coa responsable de Urbanismo, Carme da Silva, na que solicitaron que se amplíe o período de tempo no que poden abrir, sempre respectando un máximo de tres meses, como recolle a normativa actual.
Así, fronte a estar obrigados a abrir ao público no período comprendido entre marzo e xuño, os donos destes establecementos tradicionais queren que se lles permita facelo xa desde xaneiro, mantendo xuño como o último mes de apertura.
Os furancheiros entenden que así non terían por que coincidir abertos ao mesmo tempo e que espaciar a súa apertura beneficiaría a todos. Ademais, sinalan que se aproveitaría mellor o viño que serven -especialmente o tinto-, que deben despachar canto antes debido á súa propia composición.
O goberno municipal espera que esta modificación normativa poida estar lista canto antes.
Relacionadas:
-
Os furanchos de Poio, en orde
Por Redacción |
-
Pouco debate no Pleno e moita resaca... electoral
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os 'furancheiros' piden abrir xa en febreiro e elixir cada un as tapas que poden servir
Por Alejandro Espiño |
-
Os furancheiros piden ao concello de Marín que controle aos 'ilegais'
Por Redacción |