Son unha emigrante pontevedresa e non podo votar: regálasme o teu voto?
Por Redacción
Nas Eleccións Xerais do ano 2011, en Galicia, 704.999 persoas abstivéronse ou votaron branco ou nulo. Naqueles comicios, do case millón e medio de españois emigrados, só o 4,95% puido votar nas eleccións xerais, debido á entrada en vigor do sistema do "voto rogado".
A día de hoxe son 1.864.604 os electores que emigraron en toda España e espérase que a porcentaxe de voto volva ser baixísima debido á complexidade burocrática para poder votar.
A pontevedresa Ainoa tamén é unha emigrante, pero no seu caso vai poder votar grazas a que outro cidadán que tiña pensado absterse dóalle o seu voto.
Esta curiosa iniciativa púxoa en marcha o colectivo Marea Granate a través dunha web para que abstencionistas voluntarios teñan a posibilidade de regalar o seu voto a emigrantes españois forzados a non exercer este dereito fundamental como consecuencia da lei do voto rogado.
A web pon en contacto a abstencionistas voluntarios e emigrantes que pertencen á mesma comunidade autónoma para intercambiar o voto, aínda que a circunscrición electoral é por provincias.
O colectivo Marea Granate considera que un "pucherazo" o que está a ocorrer co voto da diáspora, unha situación que denuncian nas redes sociais co hastag #RescataMiVoto e #VotoRogadoVotoRobado.