Adeus á praia, este luns chegan as nubes e podería chover
Por Redacción
Logo dun domingo con altas temperaturas no que algúns aproveitaron para darse un chapuzón na praia, na xornada deste luns unha fronte irase achegando a Galicia, deixando inestabilidade na noite do luns ó martes.
Deste xeito, para o luns agárdanse ceos alternando nubes e claros, con aumento de nubes no litoral atlántico pola tarde e con chuvias pola noite, comezando polo oeste de Galicia, onde serán localmente moderadas.
Segundo a información de MeteoGalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, as temperaturas non experimentarán cambios significativos.
Os ventos soprarán do sur, moderados no interior, fortes na costa e nas zonas altas.