Rescatan unha muller tras caer nun cantil da praia de Aguete
Por Redacción
Os servizos de emerxencia rescataron a unha muller tras caer nun cantil da praia de Aguete, en Marín.
En concreto, foron os axentes da Policía Local quen informou este domingo pola mañá do rescate da muller, segundo precisou o CAE 112 Galicia, que recibiu a chamada de alerta ás 12,45 horas.
Segundo indicaron os técnicos sanitarios desprazados ao lugar, a muller caera á auga e, tras quedar inconsciente, lograra alcanzar unhas rocas próximas.
Tras comprobar que podía ser rescatada por terra, descartouse a mobilización de medios marítimos. Ademais, Urxencias Médicas enviou unha ambulancia ao momento para atender á muller.
Tamén se informou a Salvamento Marítimo, aos Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil de Marín e á Policía Local.