VÍDEO.- Denuncian unha brutal agresión na rúa Laranxo
Por Redacción
A Comisaría da Policía Nacional en Pontevedra investiga a agresión ocorrida o domingo 22 ás nove da mañá na rúa Laranxo, na confluencia con Cobián Roffignac. A denuncia foi presentada polo propio mozo agredido, que sufriu contusións e traumatismo cranial. Tres mozas, con idades entre os 20 e 21 anos, son as presuntas agresoras.
Segundo as fontes consultadas, o mozo saía de "La Posada Indiana" situada na rúa Laranxo e era increpado por unha das agresoras, á que se sumaron outras dúas mozas seguidamente e comezaron a golpealo.
A pelexa, gravada por unha testemuña, foi compartida a través das redes sociais e converteuse en viral. As tres mozas aparecen pegando patadas e puñadas ao home que trata de protexerse tirado no chan. Algunhas testemuñas ínstanlles a que paren a agresión, pero una delas lle replica xustificando a súa actitude: "¿para? ¿de qué? si nos metió tres veces, tres veces nos metió".
Instantes despois esta mesma moza enfróntase á persoa que co seu móbil está a gravar a situación. Tamén se escoita na gravación o nome de dúas das mozas implicadas.
Aínda que no vídeo difundido non se recolle, fontes próximas á investigación sinalan que a vítima da agresión recibiu axuda de terceiras persoas que evitaron un desenlace máis grave.
Relacionadas:
-
Volvéronse os adolescentes máis violentos?
-
Cando Praceres foi devorada polo fume negro
Por Redacción |
-
Quedan a disposición xudicial as tres investigadas na agresión da rúa Laranxo
Por Redacción |
-
Investigan por un delito de lesións a dúas das mozas implicadas na agresión da rúa Laranxo
Por Redacción |