A Garda Civil investiga a un mozo por vender droga nas inmediacións dun centro escolar do Grove
Por Redacción
A Garda Civil está a investigar a A.F.L., un veciño de Sanxenxo de 19 anos de idade, que presuntamente se dedicaba á venda de droga nas proximidades dun centro escolar do Grove.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon na mañá deste xoves 19 cando os axentes observaron un vehículo estacionado nas inmediacións do centro escolar con tres persoas no seu interior e, ante a sospeita de que puidesen estar a realizar algún ilícito, procederon á súa identificación.
A continuación realizóuselle un superficial rexistro das súas pertenzas que deu como resultado a localización na mochila de A.F.L. de cinco pequenas bolsas de plástico contendo no seu interior marihuana.
Os axentes procederon á súa imputación e traslado ás dependencias oficiais da Garda Civil para a instrución das correspondentes dilixencias, que serán entregadas no Xulgado de Instrución número uno dos de Cambados, onde terá que presentarse o mozo investigado cando para iso sexa requirido.
Esta actuación enmárcase nos labores que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do consumo e venda de estupefacientes nas proximidades de centros escolares.