Ingresa en prisión un marinense por catro atracos a punta de coitelo en Pontevedra
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño de Marín de 49 anos de idade, con antecedentes policiais, como presunto autor de catro delitos de roubo con violencia en catro establecementos da cidade.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra entre outros delitos impútaselle un roubo nunha tenda de froita na rúa Gutiérrez Mellado. Ocorreu o pasado sábado 14, sobre as 17.30 horas, cando un individuo provisto dun coitelo, tras ameazar aos empregados de apoderouse de trescentos setenta euros.
Tamén nunha farmacia de Estribela o día 16. Foi sobre as 13.35 horas do luns, o mesmo individuo e con idéntico modus operandi apoderouse de cen euros e un envase de trankimazin. Sobre as 18.45 horas e ás 19.00 horas, tentouno novamente en dous establecementos, situados na rúa Lepanto e na rúa Garcia Camba, respectivamente, aínda que non conseguiu o seu obxectivo e fuxiu do lugar.
Axentes da Policía Nacional, nun dispositivo establecido para o efecto procederon á localización, identificación e detención do presunto autor destes feitos, na rúa Andrés Mellado, sobre as 19.10 horas. Ao suxeito foille intervido un coitelo e un envase de trankimazin.
Unha vez en dependencias policiais e tras ser instruído o preceptivo informe o detido foi posto a disposición da Autoridade Xudicial, que ordenou o seu ingreso en prisión.