Marea presentará aos veciños unha proposta para reformar a praza da Castaña
Por Redacción
Marea Pontevedra presentará aos veciños unha proposta alternativa para reformar a praza da Castaña. Será o vindeiro venres, 20 de novembro, as 20.00 horas na sede desta formación política sita na rúa Cruz Vermella, 22.
O modelo de Marea segue as propostas feitas no seu día polo movemento veciñal: un castiñeiro central e uns bancos que rodean o seu tronco. Ademais, inclúe unha zona de xogo para os cativos e unha bancada simétrica, recuperando bancos do estilo dos de pedra desaparecidos na praza da Verdura.
Según os membros de Marea a praza da Castaña "foi ata 2009" un espazo de lecer, para xente maior, e de xogo, para os cativos, que se xuntaban arredor dos castiñeiros que lle daban nome.
En 2009 acometéronse obras de reforma "que serviron de excusa para cortar as árbores existentes" e converteron a este espazo nunha "praza búnker" a xuizo dos membros de Marea.
Segundo suliñan dende esta formación nun comunicado "a pesar de que os veciños presentaron un milleiro de sinaturas e de que recibiron a promesa da reforma do proxecto inicial, a praza converteuse nun espazo sen uso e desértico presidido por un montículo de acceso imposible, agás para os cans que fan nel as súas necesidades".