Falece o ex alcalde de Marín Benito Hermida
Por Redacción
O Concello de Marín informou do falecemento de Benito Hermida Cebreiro, alcalde de Marín durante o período 1973-1977.
A actual rexedora, María Ramallo, quixo destacar que "a súa personalidade, o seu traballo, a súa vida, a súa implicación nos temas culturais, deportivos, académicos, sociais e institucionais do noso Marín, fixo que sen dúbida a súa pegada fose importante".
Benito Hermida foi profesor no colexio dos Paúles de Marín e empregado de banca.
Ademais destacou como presidente do Club de Atletismo San Miguel e impulsor da Danza de Espadas.
María Ramallo tamén destacou "a súa alegría, xenerosidade, xentileza, correcto sempre nas formas e tan amable no trato".
Residente en Pontevedra, Benito Hermida, era irmán de Hipólito Hermida Cebreiro, falecido en abril de 2013 que durante anos foi maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra e de Jesús Hermida Cebreiro, ex presidente do Consello Superior de Deportes e do Comité Olímpico Español.
O seu enterro terá lugar este mércores ás 11.00 horas no cemiterio da Raña, e o funeral será ás doce no Templo Novo de Marín.