O Partido Socialista presenta aos seus candidatos na provincia para as eleccións xerais
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O Partido Socialista presentou este martes na Alameda de Pontevedra aos candidatos que concorren ás eleccións xerais do próximo 20 de decembro.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, foi a encargada de presentar a Lola Galovart e Guillermo Meijón, cabezas de lista ao Congreso e Abel Losada, número un da candidatura ao Senado.
Carmela Silva asegurou que o PSOE ofrece "a única posibilidade que teñen os cidadáns de recuperar os dereitos sociais perdidos".
Pola súa banda, a xuíza Lola Galovart sinalou que deixa a maxistratura "porque estoy harta de estar indignada" polo que decidiu empezar "una aventura apasionante" presentandose como independente dentro da candidatura socialista.
Lola Galovart declarou que se o PSOE chega ao Goberno central haberá "un giro de 150 grados en la política social y económica del país para aliviar el sufrimiento de los más débiles".
Pola súa banda Abel Losada reivindicou outra política económica e outra fiscalidade e por reforzar servizos públicos que foron "maltratados" polo goberno do PP.
O último en intervir foi o pontevedrés Guillermo Meijón, que dirixiu as súas críticas aos cinco presupostos do presidente Mariano Rajoy e da ministra Ana Pastor "galegos e de Pontevedra" a quen dixo que "o primeiro que teñen que deixar de facer son presupostos de cartón-pedra para Pontevedra e para Galicia".
A lista do PSOE ao Congreso está conformada por 1. Dolores Galovart Carrera (Vigo); 2. Guillermo Meijón Couselo (Pontevedra); 3. Belén Louzao Vieites (A Estrada); 4. Antonio Vázquez Vázquez (Vigo); 5. Soledad Girón Girón (O Porriño); 6. Manuel González Aller (Lalín) y como 7. Vanesa Fernández Soage (Ponteareas).
A lista do Senado é: 1. Abel Fermín Losada Álvarez (Vigo); 2. Dulcinea Aguín Pombo (Sanxenxo); 3. Alfonso Parada Álvarez (Mos-Vigo).
Na foto oficial todos eles estiveron arroupados por outros cargos e militantes socialistas da provincia.