Calcinada unha casa abandonada en Poio entre críticas veciñais pola lenta resposta das emerxencias
Por Diego Espiño
Un casa quedou calcinada case na súa totalidade en Poio tras declararse un incendio durante a madrugada deste luns.
Os servizos de emerxencia do 112 Galicia recibiron a alerta ás 3:50 horas, pero ao tratarse dunha vivenda abandonada, sen risco en situación de risco, trasladaron o aviso aos Bombeiros do Salnés, con sede en Ribadumia, e a Emerxencias Sanxenxo.
Esta situación, derivada do mapa autonómico de repartición na atención ás emerxencias, provocou a crítica dos veciños, posto que o parque municipal de bombeiros de Pontevedra, a poucos metros do lugar, non chegou a recibir aviso algún. De feito os primeiros en chegar ao lugar foron o 061 e a policía.
O incendio produciuse no número 31 da Rúa Oliveira, xunto a unha panadería, cuxos donos tentaron combater o lume polo medo a que afectase o seu negocio ata a chegada dos medios de exintinción.
Aproximadamente media hora despois xa traballan no lugar, de maneira coordinada, os efectivos de Ribadumia e Sanxenxo. Cando chegaron, segundo explicaron Bombeiros do Salnés, o tellado xa caera.
O incendio non se deu por apagado ata as 6:10 horas da mañá, cando os bombeiros abandonaron o lugar.