Barro acomete o bacheo dos viais municipais
Por Redacción
O Concello de Barro está a acometer un plan de bacheo dos viais municipais.
Esta actuación levase a cabo naqueles viais que presentaban un estado máis deteriorado despois de anos sin actuar neles e que supoñen un importante problema de seguridade viaria para os nosos veciños á hora de circular por eles.
Con estas obras preténdese a mellora das condicións na circulación de vehículos polas mesmas, en tanto non se pode realizar unha actuación integral de asfaltado.
Estos traballos serán complementados o vindeiro ano cun plan de mellora que se levará a cabo naqueles viais máis deterioradosdo municipio.